O Concello ten previsto a restauración de varios mobles antigos dentro do PLAN CONCELLOS 2018- LIÑA II da Deputación de Pontevedra.
Pretendemos conseguir que estas pezas únicas volvan ser funcionais e decorativas dándolles unha segunda oportunidade de forma que alarguemos a súa vida. Pero sempre conservando a esencia e o encanto do moble orixinal.
Os mobles non están declarados de interese cultural nin catalogados pero son mobles antigos capaces de contarnos a historia do concello e provocar sentimentos e emocións que evocan recordos de tempos pasados.
Pretendese realizar neles traballos de reparación e restauración respectando en todo momento a antigüidade, coa máxima minuciosidade co obxectivo de protexer así como coidar a madeira antiga destes mobles.
Os mobles unha vez reparados colocaranse no edificio do Concello: no despacho do alcalde, no despacho de secretaria e nas salas da exposición do Museo da Auga moi preto de onde está colocado o mobiliario da habitación de estilo modernista do antigo a Gran Hotel que foi empregada pola Infanta Dona Isabel de Borbón no 1914.