Co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu programa de subvencións do Plan Concellos 2018, Liña 3 Emprego para Conservación de Bens e servizos Municipais, o Concello de Mondariz Balneario procederá a contratación de 12 traballadores. O custo total das contratación, será de 59.633,17, dos que a Deputación Provincial de pontevedra sufraga 56.143,56 €.
As contratación realizaranse en dúas fases, a primeira, que incluirá a 6 traballadores iniciarase o día 1 de abril de 2018, e a segunda, que incluirá outros 6, iniciarase o día 1 de xullo de 2018.
Con estas contratación pretendese realizar labores de conservación, mantemento e mellora dos bens municipais afectos a prestación dos diferentes servizos que polo Concello se prestan.