O Concello de Mondariz Balneario convoca un proceso de selección para a cobertura dunha praza de arquitecto/a técnico/a en réxime de interinidade polo sistema de concurso oposición e creación dunha bolsa de emprego.

As características do posto son:

  • Servizo: Urbanismo e servizos técnicos.
  • Grupo: Grupo A, subgrupo A2.
  • Escala: Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase técnico medio, Nivel CD: 20.
  • Complemento específico: 5.317,06 € anuais.
  • Xornada: Tempo parcial, 2/5 de xornada (dous días á semana).

Máis información da convocatoria no apartado información municipal – emprego público.