Os obradoiros do Samaín realizaranse o vindeiro 31 de outubro en horario de 17 a 20 horas, na biblioteca. O número máximo de prazas será de 15 crianzas, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (ambolosdous incluídos). A adxudicación de prazas será por estricta orde de presentación, dando preferencia ás persoas empadroadas neste concello. A folla de inscrición e a documentación requirida deberá entregarse na biblioteca no seu horario habitual. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 14 de outubro e rematará o vindeiro día 29 de outubro ás 20.00 horas. (COLABORA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA)
Artigos recentes
- ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA O SAMAÍN 2026
- Bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal na categoría profesional de auxiliar de axuda a domicilio para o Dpto de servizos sociais do Concello de Mondariz Balneario
- Mondariz Balneario recibe case 500.000 euros do PERTE da Auga para dixitalizar toda a súa rede hídrica
- Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 6.111,54€ coa finalidade de suministrar material deportivo para as instalacións deportivas, a suministración será de porterias, aros, xogos de redes, material deportivo para futbito, baloncesto e tenis asi como elementos para a práctica deportiva.
- O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 17.242,50€ coa finalidade de suministrar o equipamento necesario para uso das instalacións deportivas. Con este fondos dotarase os espazos do equipamento na zona de vestiarios e baños asi nas zonas do xinmasio e almacén.