Dende os centros Quérote+ avógase polo traballo conxunto e integral cos diferentes axentes educativos implicados directa e indirectamente nos procesos de ensinanza aprendizaxe.
As familias son, sen dúbida, o espazo socializador por excelencia e o catalizador de todo proceso educativo cos nenos e nenas e cos mozos e mozas. Os obradoiros de Redes Familiares teñen como finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa.
Obxectivos:
- Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da
crianza sen sentimentos de culpa o xuízos de valor. - Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
- Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas