O Concello de Mondariz Balneario, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza un Obradoiro de Teatro Social pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, unha actividade de balde aberta á cidadanía.

O obradoiro desenvolverase do 14 de outubro ao 30 de novembro, os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas, ofrecendo un espazo de creación colectiva, reflexión e sensibilización a través das artes escénicas.

Esta iniciativa busca promover a igualdade, visibilizar realidades e dotar ás persoas participantes de ferramentas para a prevención e loita contra a violencia machista.

📌 Información e inscricións:

  • Nas bases dispoñibles na web municipal

  • No Concello de Mondariz Balneario

  • No teléfono 986 656 136

👉 Podes consultar e descargar as bases completas de participación, os formularios de inscrición xerais e para menores.