O vindeiro 13 abril ás 18.00 horas levarase a cabo o obradoiro de educación emocional e sexual na familia, para nais, pais e titores legais que teñan menores a cargo.
Dende os centros Quérote+ avógase polo traballo conxunto e integral cos diferentes axentes educativos implicados directa e indirectamente nos procesos de ensinanza aprendizaxe.
As familias son, sen dúbida, o espazo socializador por excelencia e o catalizador de todo proceso educativo cos nenos e nenas e cos mozos e mozas. Os obradoiros de Redes Familiares teñen como finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa

Obxectivos:

  • Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da
    crianza sen sentimentos de culpa o xuízos de valor.
  • Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual
  • Construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas