O vindeiro 18 de marzo ás 19.30 h na sala de cultura do concello, estrearemos a obra de teatro “Os fíos do fado” da compañía O eido teatro de Vigo, unha obra que contempla dúas pezas, “as fiandeiras” e “night club bulebar”, fundidas nunha temática común: o fado. Unha viaxe teatral que comeza no mundo da mitoloxía grega achegado ao noso rural ancestral. Aquí son as mulleres as creadoras de vida, pola contra no momento actual, moitas delas convértense en vítimas da sociedade.
O eido teatro é unha compañía que amosa as súas inquedanzas por contar historias que conmovan e que cheguen ao corazón. Todas as persoas que a compoñen proceden da EMT de Vigo, onde tiveron o privilexio de contar con grandes profesionais cos que puxeron en escea dramas, comedias, farsas, zarzuelas, e incluso textos propios.
Esta actividade é de balde ate completar a cabida do espazo