A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos. Os días 20, 23 e 24 de maio o autobús estará nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
Pode solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal