Cine de verán
A programación do cine de verán reanudarase outro ano máis en Mondariz-Balneario, como xa ven sendo habitual no mes de agosto, coa proxección nocturna (22.00h) de tres filmes nos Xardíns do Gran Hotel. Trátase dunha actividade con entrada libre e con capacidade limitada ao espazo habilitado.
Espectáculo “Asdomare” (Rilo & Penedique)
8 de agosto ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel
Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras… Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa. Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.
En caso de chuvia a actividade trasladarase á Sala de Cultura do concello. Entrada libre ate completar a capacidade do espazo habilitado. Espectáculo de narración oral e música para todos os públicos. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia.
Concerto de Andrea Pousa
14 de agosto ás 20:30 nos xardins do Gran Hotel
Os Xardíns do Gran Hotel do concello de Mondariz-Balneario acollerán o vindeiro 14 de agosto o concerto de Andrea Pousa. Esta actuación está enmarcada dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra e terá lugar ás 20.30 horas. Trátase dunha actividade con entrada libre e con capacidade limitada ao espazo habilitado.