A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto “TI© EMPRENDES”, promove o desenvolvemento de 26 accións formativas (11 itinerarios que contemplan formación específica e de emprendemento), con 15 persoas participantes en cada unha delas, co obxectivo de incentivar e promover os proxectos que aumenten a empregabilidade e o emprendemento das persoas mozas
Dirixido a:
Mozas e mozos maiores de 16 anos e menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo, e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.
Mais info no seguinte enlace: