Se es amante da natureza, descobre a través do ceo unha experiencia máxica; mergúllate nun universo descoñecido e emocionante.
O venres 6 de agosto ás 22 horas, a Asociación CEO Ciencia e Cultura amosaranos os segredos do firmamento. Os asistentes deberán cumprir cos protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias sobre a COVID.
- A visita será gratuíta.
- É necesario reservar con anterioridade a través do correo electrónico turismo@mondarizbalneario.es
- Prazas limitadas.
- Recoméndase levar lanterna con luz vermella.
- Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas, a actividade realizarase no Auditorio do Concello.