LAMENTAMOS INFORMAR QUE, DEBIDO Á PREVISIÓN METEOROLÓXICA, ESTA ACTIVIDADE QUEDA CANCELADA.
Sentimos as molestias!
————————————–

O vindeiro venres 3 de setembro temos un novo evento de observación nocturna de estrelas!

Esta actividade, que organizamos xunto coa Fundación Ceo e Cultura, é gratuita e aberta, mais as prazas son limitadas por mor da situación sanitaria. As persoas que esteades interesadas en participar podedes reservar a vosa praza mandando un correo a turismo@mondarizbalneario.es. Recibiredes un correo de confirmación e cos detalles do evento.

O punto de encontro será a Casa do Concello (21:15 h) e dende alí camiñaremos ata o lugar da observación.