O vindeiro venres 15 de setembro ás 18.00 hrs terá lugar a inauguración da mostra de pintura “O murmurio da auga” de Majo Villar, profesora de Ategal e do grupo de Arte Aries, unha viguesa cunha especial sensibilidade polos diversos campos da arte (escritora, actriz, dramaturga….).
Poderedes visitar a exposición de martes a venres de 18.00 a 21.00 hr e os sábados en horario de mañá, de 11.00 a 14.00, ou de tarde, de 18.00 a 21.00 hrs, na sala de exposicións do concello.