O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, teñen o pracer de convidalos a segunda mostra de petiscos de Mondariz balneario. Esta mostra e unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días xoves 6, venres 7 e sábado 8 de febreiro do 2025

Xoves e venrres xornada tarde-noite. A partir das 20.00 hora.
Sábado xornada de maña e de tarde-noite, pola maña a partir das 12 e pola tarde-noite a partir das 12.

PARTICIPANTES
1. Asador regato de Valdecide. Ravioli chinés de carne asada.
2. Balneario de Mondariz. Taco mexicano a nosa maneira M.25.
3. Boas Migas. Tartaleta campera.
4. Hotel CEMAR. Son africano
5. Mixturas. Milhoja de patata con papada ibérica y yema curada
6. Restaurante Atalaya. Costilla de cerdo Atalaya BBQ
7. Yago´s. Totillar Galaico en 4 sabores.

COLABORAN: Adegas Galegas, Balneario de Mondariz, Hotel CEMAR. Concello de Mondariz Balneario e Augas de Mondariz.
Premios
Os participantes optar o sorteo de diferentes premios:
• Se a cartilla ten 3 selos de diferentes locais. 1 libro de “Mondariz en los textos de Emilia pardo Bazán. Antoloxía editado por GALAXIA” (sortearanse 5 libros).
• Se a cartilla ten 4 selos de diferentes locais :
o Realizarase un Sorteo correspondente a un bono Comercio valorado en 25 €.
o Realizarase 2 sorteos correspondentes a dous estoxos de Adegas Galegas. (unha cesta por sorteo)
• Se a cartilla ten 5 selos de diferentes locais
o Realizarase 5 sorteos correspondentes a 5 entradas dobres para o Pazo a Auga de Mondariz-Balneario (unha entrada por sorteo).
o Unha Experiencia hípica no complexo CEMAR
• Se a cartilla ten 6 Selos. Un Bono para unha cea nos establecementos participantes, valorada en 60 €.