A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 1 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 48.397,36€ para “Acondicionamento do Centro de Interpretación do Río Xabriña”. Este proxecto será na localización do antigo matadero de Mondariz Balneario, un edificio que leva moitos anos pechado e sen uso que queremos revalorizar e darlle un uso adecuado. Neste espazo estará este centro de interpretación que será un atractivo turistico e educativo para os nosos veciños e veciñas como tamén para todo o que nos visita. Dende alí queremos comezar unha ruta que nos levará pola ruta do Xabriña, unha riqueza natural que está mais cerca do que pensamos.
