Mondariz Balneario recibe mercado municipal é un dos 12 beneficiarios na provincia de Pontevedra e dos 31 en toda Galicia que recibiron axudas este ano co obxectivo de modernizar e revitalizar estes espazos. En concreto, Mondariz Balneario contará cunha achega de 242.839,83 euros para as anualidades 2025 e 2026, destinada a obras de mellora interior da praza e a accións formativas de mentoring para as persoas comerciantes.
Cómprase destacar a importancia desta actuación para o noso concello, xa que a revitalización do noso mercado e do comercio local, así como a dinamización deste espazo para o ámbito social e veciñal, son fundamentais.
César Gil, alcalde de Mondariz Balneario, destaca a importancia de seguir mellorando os espazos públicos e de cumprir os obxectivos deste goberno nesta primeira lexislatura: “transformamos as ideas e os obxectivos en feitos”.

