O Concello de Mondariz Balneario ven de conseguir os fondos do II PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS (PEID) da Deputación de Pontevedra por valor de 79.424,24 € . Logo dun estudo de necesidades e posibilidades que nos concedian as bases da subvención decidimos acometer TRES actuacións:

  • Subministro de maquinaria e equipamento deportivo de musculación para sala multiusos por valor de 10.063,41€, imos dotar dun espazo de adestramento para os deportistas do Clube Piraguismo Tea.
  •  Coofinanciación para a obra de Optimización e mellora integral das instalacións deportivas municipais existentes na avenida enrique peinador para uso de turismo deportivo sostible por valor de 33.812,10€ , imos mellorar as nosas instalacións deportivas no seu conxunto con diferentes actuacións no edificio anexo, peche e pavimento das pistas polideportivas asi como a súa reordenación.
  •  Mellora da área deportiva de Mondariz Balneario por valor de 35.548,73€, imos acondicionar a zona de aparcamento para unha mellor distribución de espazos e dotación de diferentes espazos para xogos tradicionais como a Petanca, Chave e Tenis Mesa.