O Concello de Mondariz Balneario dentro da subvención do PERTE DA AUGA (497.189,34€) coas seguintes actuacións:
TIPO A
— Estudo para a elaboración dun Plan de Fomento da Auga Rexenerada (Actuación A023) por valor de 5.602,30€
— Plan de emerxencia fronte á seca (Actuación A004) por valor de 6.292,00€
— Plan de xestión de sistemas de saneamento (Actuación A019) por valor de 12.342,00€
— Redacción do estudo para o diagnóstico, o control e a xestión das fugas estruturais (Actuación A031) por valor de 5.300,00€
— Modelización cartográfica e numérica das redes municipais (Actuación A043) por valor de 10.043,00€
— Redacción de proxectos de obras das actuacións tipo B, así como a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde en todas elas (Actuación A049) por valor de 14.762,00€
TIPO B
— Dixitalización da rede de condución en alta e dos depósitos en Mondariz Balneario (Actuación B1) consiste na instalación de caudalímetros nas entradas dos depósitos e a implantación de sistemas de monitorización enerxética nos bombeos, ademais tamén monitorización no nivel dos depósitos e a implantación de sistemas na ETAP por valor de 34.727,00€
— Dixitalización da rede de distribución e das acometidas de interese público en Mondariz Balneario (Actuación B2), consiste na sectorización de toda a rede de abastecemento do Concello coa instalación de caudalímetros e sondas así como o cambio de 410 contadores das vivendas para así mellorar a información en tempo real de caudais, presións, consumos e parámetros de calidade así mellorando a eficiencia, a sustentabilidade e a calidade do servizo de abastecemento. O contrato foi adxudicado por un total de 281.930,00€
— Instalación de medidores de enerxía para dixitalizar os consumos da EBAR e da EDAR do concello así como instalación de sondas de calidade da auga, sondas de nivel e dunha estación meteorolóxica para dixitalizar os puntos de alivio do Concello (Actuación B3) por un valor de 31.931,90€
— Instalación no punto de vertido de elementos de monitorización do caudal e de sondas de calidade da auga (Actuación B4) por valor de 47.553,00€
— Instalación dunha rede de comunicación IoT moderna e eficiente, que permitirá a monitorización continua e remota das infraestruturas hidráulicas, mellorando a xestión dos recursos hídricos e facilitando a detección temperá de incidencias como fugas ou anomalías (Actuación B6) por valor de 6.171,00€
TIPO C
— Elaboración dunha páxina web que permita dar cumprimento ás esixencias de transparencia establecidas polo RD 3/2023 (Actuación C1) por valor de 6.655,00€
— Plataforma web para o seguimento de todos os elementos instalados na nosa rede de auga, desta maneira xestionaremos o ciclo integral dunha maneira máis eficiente (Actuación C2) por valor de 16.819,00€
O Concello de Mondariz-Balneario, como integrante do Agrupamento dos concellos de A Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario, Melón, Maside e O Carballiño, resultou beneficiario da segunda convocatoria de subvencións (2023) para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE de dixitalización do ciclo urbano da auga) ao abeiro da orde TED/919/2023, no marco do «Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea NextGenerationEU» (en diante PRTR). No BOE número 241, do 5 de outubro de 2024 publicouse a resolución definitiva da convocatoria, resultando beneficiario o proxecto que leva por título «Proxecto integral de dixitalización do ciclo integral da auga nos Concellos de A Cañiza, O Carballiño, Mondariz, Mondariz-Balneario, Maside e Melón» (en diante Proxecto), con número de expediente PCAUII00208, sendo posteriormente notificadas as condicións particulares e termos da concesión da axuda en data 17 de outubro de 2024, conformándose o Concello de Mondariz-Balneario en entidade executora. Este Proxecto está cofinanciado por fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea–NextGenerationEU– establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, de 14 de decembro de 2020, a regulación aplicable inclúe o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, o Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas para a execución do PRTR e a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR. O presente proxecto encádrase na Inversión 3 da Compoñente 5 do PRTR e no obxectivo nº 430 do CID «Actuacións en PERTE para a dixitalización dos usuarios da auga», incluído na Addenda ao PRTR aprobada polo Consello de Ministros o 7 de xuño de 2023, substituíndo aos obxectivos CID nº 76 e CID nº 79 aos que fai referencia a orde TED/919/2023.

