O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir 33.014,38 € (80 % do total) para a actuación “Rehabilitación de pozos do rexistro do Colector Xeral e Dixitalización do sistema de saneamento”.

Esta subvención concédese con cargo á orde para a execución de actuacións destinadas a reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e corresponde á convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual.