A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 3 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 60.089,03€ “Activación de Emprego 2025”. Neste caso o Concello optou por contratar a 1 Técnico de Turismo, 5 peóns Forestais, 2 Peóns de Construcción e 1 peón de Xardinería, todos eles con contratos de 6 meses. O concello financia o resto dos costes desta contratación para que os traballadores contratados teñan unha maior xornada laboral e así lograr unhas mellores condicións laborais.