O Concello de Mondariz Balneario ven de conseguir unha subvención non competitiva para entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU. Neste caso o Concello conseguiu a cantidade de 2.416,61€ querá o 90% coste total das dúas actuacións da Liña 2 da Orde “Separación de biorresiduos para compostaxe”. As actuacións que se levarán a cabo serán a realización de dúas charlas de educación e concienciación, asi como a renovación dos vinilos das illas de residuos, ademais se vai adquitir unha biotrituradora para por a disposición dos veciños/as que asi o necesiten para triturar os restos de poda.
