O Concello de Mondariz Balneario conseguiu 10.063,41 € a través do II Plan extraordinario de Infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra para a instalación de maquinaria e equipamento de musculación na sala multiusos do edificio deportivo.
Con este subministro dótase ao clube de piragüismo dun equipamento básico e necesario para os seus adestramentos e para a preparación das súas competicións. Nesta instalación contarán con mancuernas de diferentes pesos, desde os 2 kg ata os 36 kg, estación de poleas, estación de sentadillas, bancos multiposición, soportes para press banca, caixón de madeira multiusos, entre outros elementos.


