A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 1 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 7.965,59€ para “Suministración de mobiliario, equipamento e rótulos para o espazo de cotraballo “. Un espazo novo que chega a vila para dotar aos emprendedores, autonomos ou traballadores a distancia dun espazo compartido con diferentes espazos e servizos. Este espazo estará composto por un espazo de reunión para un máx de 10 persoas, un espazo de traballo de 4 postos e 2 despachos individuais, ademais contaremos cun espazo destinado ao descanso con mobiliario para ser utilizado como comedor.