A Deputación de Pontevedra a través do Plan Máis Provincia 2025 – Liña 1 concedeulle ao Concello de Mondariz Balneario a contía de 170.368,99€ para “Acondicionamento de aparcamento público”, nesta cifra engloba a execución da contrata (158.389,99€), IVE (11.979,00€), Redacción do Proxecto, Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e saúde (4.685,50€). Este aparcamento será moi importante para deixar atrás os problemas para estacionar na vila e será un elemento vertebrador entre a zona alta do Concello e a zona do Balneario.