Con relación ao expediente núm. 355/2024 de modificación do Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal de Mondariz Balneario, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, polo presente dáselle audiencia aos interesados para que, se o desexa, examine o expediente aos efectos de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, no prazo de trinta días a contar desde o seguinte ao da publicación do Acordo de aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

No caso de non presentarse ningunha reclamación ou suxestión no citado prazo, o acordo inicialmente adoptado entenderase definitivamente aprobado sen necesidade de acordo expreso.

PROXECTO DE REGULAMENTO ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL