En virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, ao que o seu Concello se adheriu voluntariamente, vaise proceder a inspeccionar o estado da xestión da biomasa nas faixas secundarias das parroquias definidas no Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello.

A tal fin, o persoal de Seaga desprazarase ao Concello, previsiblemente hoxe día 18 de outubro para iniciar os traballos, e presentarase nas oficinas do Concello para informar aos responsables que vostede designe da organización de ditos traballos de supervisión; así como das medidas informativas a empregar nas zonas obxecto de supervisión.

Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais