O pasado 24 de abril o noso Concello recibiu a visita da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, despois da inclusión por parte da Xunta, de tres das nosas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

Este é un recoñecemento pola significación histórica e cultural, estético e paisaxístico destas especies.

Trátase dunha Criptomeria xaponesa, que conta con 27,8 metros de altura, 3,60 metros de perímetro e proxección de copa de 5 metros. Localizada xunto ao palco da música do Xardín Histórico.

Polo que respecta aos Alciprestes de Portugal, trátanse de dous exemplares singulares que creceron xuntos, con menos de tres metros de distancia entre eles, e unha altura de 20 e 23 metros.