A Deputación Provincial de Pontevedra, ao abeiro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2024, concedeu ao Concello de Mondariz-Balneario a cantidade de 96.796,44 euros, co obxecto do financiamento do investimento “Acondicionamento da planta 2ª de Casa Consistorial para aulas de formación e actividades”, en base a un orzamento de execución de contrata polo importe de 138.444,87 €.