Violencia de xénero

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Coeducación ( Recursos)

Infantil e Primaria

  • O amor romántico
  • O apego
  • Machismo na música

 

Persoas adultas

  • O amor romántico
  • O apego
  • Machismo na música

 

 

AMOR ROMÁNTICO

¿E se nos queremos sen morrer de amor?

O amor romántico é unha construción social que parte dun vínculo afectivo entre dúas persoas, tratase dunha concepción tradicional do que debería de ser o amor. Así pois, pode estar cheo de ingredientes nocivos para a saúde:

  • Desigualdades e roles de xénero. Exemplo: muller nai que deixa o seu traballo para coidar aos fillos ou fillas e que cociña e limpa mentres a súa parella ve a televisión.

  • Dependencia emocional. Exemplo: ter ansiedade cando tarda bastante tempo en contestar a unha mensaxe.

  • Violencia. O amor romántico incluso mitifica a violencia de xénero o entendela como un crime pasional que ten como causa os celos ou a irá, así a muller pasa a ser a culpable do seu propio asasinato. Exemplo: algo tivo que facer ela para que el tivera que facer iso.

Aínda así é posible ter relacións máis sas, se somos conscientes de esta realidade e intentamos vivir desde a confianza, a comunicación asertiva e a aceptación da nosa individualidade e a da nosa parella. A continuación tedes cinco mitos deconstruidos do amor romántico que poden axudarvos:

  • Sen ti non son nada: quizais esta frase vos recorde a unha noite de verano nun concerto de Amaral cantándolle unha oda o amor romántico pero é moito mais que iso, é unha frase cargada de dependencia emocional que repiten de maneira constante quen a padece. Por iso, temos que saber ser de forma independente, para poder ser en conxunto porque a mellor forma de querer é saber amarse a un/ha mesmo/a.

  • Cambiara por min: esta frase é o inicio dunha relación tóxica e parte dun pensamento irracional que di que o amor o cambia todo. Todo cambio eficaz ten que partir dunha motivación intrínseca, é dicir, a persoa ten que ser consciente de que quere cambiar e unha vez tomada a decisión pasase a acción.

  • Celarse é o normal nunha relación: non é lóxico que nos vixíen o móbil, que controlen o con quen compartirmos ese café ou que perdan os nervios porque creen que falamos demasiado a noite pasada co seu mellor amigo. Celarse non é unha forma de demostrar amor, é a maneira de ensinarnos desconfianza, posesión e inseguridade e unha relación baseada nesto, non é unha relación sa.

  • Quen ben te quere, farate sufrir: o obxectivo do amor non é sufrir, e divertirse, rirse, compartir momentos… en definitiva é ser feliz. Se te fan sufrir entón ese non é o teu amor.

  • Se me deixas, morro: esta é a típica frase de control que pretende xerar medo en quen a escoita, que nos ata a relación e nos fai sentir que algo malo pasará se non continuamos con esa persoa. Se vos sucede isto, pensade que a morte é un proceso biolóxico que de momento non inclúe entre as súas causas o amor porque, a diferenza de lo que di Sabina, o amor non mata.

En definitiva aprendamos a querernos ben para saber amar mellor.

APEGO

O apego é un vínculo afectivo que se establece desde os primeiros momentos de vida pola procura de coidados, seguridade, protección e benestar. A forma en que creamos eses vínculos e a resposta que temos a esas necesidades marcan o tipo de apego que se desenvolve. O estilo de crianza é un dos factores que máis inflúe no apego, xa que ambos afectan a nivel cognitivo, emocional e social.

Sabes cal é o teu estilo de crianza? Existen catro estilos como podedes observar a continuación:

  • Estilo autoritario: moita autoridade, pouca dispoñibilidade e pouco afecto. Polo xeral son pais ou nais que impoñen moitas regras e castigan cando non se cumpren.

  • Estilo permisivo: poucos límites e alta dispoñibilidade. Pais ou nais que sempre din que si aos caprichos dos seus fillos ou fillas, denomínanse “helicóptero” porque é como se sobrevoaran por cerca para ir cubrindo todos os seus antollos.

  • Estilo democrático: alto control e alta dispoñibilidade. Son os pais ou nais que teñen regras pero dan explicacións dos motivos das súas actuacións

  • Estilo neglixente: sen control e con baixo afecto. Son pais ou nais que non están dispoñibles, non mostran afecto.

A forma de actuar a nivel emocional ten moito que ver co estilo de crianza e o apego que temos en función a ese estilo. As emocións son necesarias pero a nosa capacidade poder ir variando en función as nosas vivencias, por iso é fundamental ter claro o tipo de apego que estamos tendo. En concreto estes son os catro existentes:

  • Seguro: para a nena ou neno os seus proxenitores representan unha base segura de confianza, pode explorar o mundo desde a seguridade de saber que están accesibles.

  • Evitativo ou evasivo: a crianza é rexeitada cando busca a protección. Supón o patrón inverso do vínculo seguro.

  • Resistente: as nenas ou nenos non saben que tipo de resposta van a ter e isto da lugar a que teñan ansiedade.

  • Desorientado ou desorganizado:é o máis daniño por haber maltrato na relación.

Agora tendo claro isto, vamos a ver como o estilo de crianza e o apego inflúen no neno ou nena. Un estilo autoritario habitualmente ten como consecuencia problemas de autoestima, para tomar decisións ou agresividade no futuro. Aínda que os resultados académicos soen ser vos, as notas non son todo e descoidar a parte afectiva é un problema, isto fai que este estilo de crianza sexa desaconsellable. Algo similar ocorre co estilo permisivo e o neglixente, no primeiro caso ao non ten unhas regras claras no futuro soen ter problemas para respectar a autoridade e as súas notas escolares soen ser malas. O segundo ten consecuencias nivel psicolóxico pola situación de abandono que viven na infancia.

Por todo isto, o máis recomendable é ter un estilo de crianza democrático, é importante poñer límites pero e igual de valioso que coñezan porque se establecen e facer un reforzo positivo dos bos comportamentos. Así estaremos criando nenos e nenas mais felices.

Tendo en conta todo isto podemos preguntarnos a probabilidade de ter apego por persoas que se comportan de maneira cruel, os estudos demostran que si é posible pero hai que ter en conta como a calidade desa interacción coas nais e pais ten un efecto no desenvolvemento da personalidade, a parte cognitiva e a seguridade emocional. Estes son uns consellos para fomentar o apego seguro nas crianzas:

  1. Da resposta as necesidades: non se trata só de proporcionarlles alimentación ou unha boa educación, senón de saber escoitar e cubrir as súas necesidades emocionais.

  2. As súas emocións son importantes: todas as emocións son válidas e necesarias, ademais de ter unha función adaptativa, por iso é importante respectalas e permitir que se expresen. A sorpresa, o medo, a tristeza, a ira, o asco e a alegría son emocións básicas necesarias para a comunicación.

  3. Respecta a seu pensamento: é fundamental que sinta que se escoita a súa opinión e se ten en conta. Se non entenden algo, deberíase explicárselle.

  4. Explicar o porque das nosas accións: poñer límites non ten porque ser algo negativo se sabemos expresar os motivos desto.

  5. Fomentar o seu empoderamento: mostrar confianza no que fan e crer neles/as axudaralles a ter unha boa autoestima.

MACHISMO NA MÚSICA

Somos o que escoitamos. Breve introdución ao machismo musical das nosas vidas.

A Real Academia Española define o machismo como unha actitude de prepotencia dos homes respecto ás mulleres. Prácticas, comportamentos e ditos que resultan ofensivos. As letras de moitas das cancións que escoitamos son un exemplo de isto.

Escoitamos música dende que nacemos, a través de nanas, cancións para aprender as partes do corpo ou incluso unha nova lingua. As letras delas forman parte do noso día, recordamos con elas instantes concretos da nosa vida e sen ser conscientes forman parte da nosa socialización.

Crecemos oíndo como Don Federico matou a súa muller, fíxoa picadillo e a púxoa a remover como outro home se quere casar con unha señoriña da capital que saiba coser, bordar e abrir a porta e o capitán dun barco inglés ten unha muller en cada porto. É mentres escoitamos isto o noso inconsciente crea unha imaxe de como debería de ser o trato entre homes e mulleres.

Unha vez, somos mais maiores Maluma dinos que esta namorado de catro babies, que sempre lle dan o que queren e Shakira espera sentada e mais arranxada que se fora un venres a súa cita, porque vivir a vida sen el é como morrer de amor.

Chegado a este punto, temos que pensar como afecta a unha nena ou neno escoitar este tipo de letras. Elas e eles cando canta estas cancións non son conscientes do que están dicindo pero estes mensaxes deixan unha pegada que da lugar a que asuman valores e patróns de conduta equivocados.

Por iso, como nais e pais temos que pensar que podemos facer para educar en igualdade. Estes son algunhas ideas que poden axudarvos:

  • Tentar comprar xoguetes non sexistas. As monecas non solo son para as nenas e os coches non son unicamente para os nenos.

  • Utilizar os seus pensamentos despois de ver determinadas películas ou de escoitar certas cancións para debater sobre a desigualdade e xerar neles unha actitude crítica.

  • Facer reparto de tarefas na casa para que se habitúen a realizalas e que entendan que non hai traballos de homes e de mulleres.

  • Fomentar a lectura de literatura infantil onde se fomente a igualdade.

  • Ter en conta que o xénero (feminino e masculino) é unha construción social, fomentar unha discriminación nas actividades que poden facer, os cores da súa roupa, os xogos do seu tempo de lecer, etc. non axuda o seu desenvolvemento. Exemplo: o rosa e o azul son dous colores máis que os dous lles gustan a non ser que se lles ensine que un é para nenas e outro para nenos.

En canto o tema da música, o ideal sería que creceran escoitando letras non sexistas pero polo proceso de socialización que viven (centro educativo, amizades, familia…) isto resulta case imposible, así que neste caso sería bo poder traballar os contidos das cancións, logrando que entendan que están baseadas nunha situación de desigualdade, e que no caso de algunha das que falamos anteriormente fomentan a violencia de xénero.

Recordade que educar na igualdade e o respecto, tal e como dicía Benjamín Franklin é educar contra a violencia.

Contact Me

Ask a question or book an appointment below. For emergencies call 911 or visit your nearest hospital