No día de hoxe o noso alcalde César Gil xunto con Manuel Gregores, presidente do clube ciclista de Ponteareas, e os membros do clube fan a presentación da Festa da bicicleta que terá lugar o vindeiro 16 de setembro dende as 16.00 hrs nas pistas polideportivas do concello de Mondariz Balneario .

A saída e a chegada estarán localizadas nas pistas polideportivas. Haberá unha xincana e marcha de 3 km para a cativada de 2 a 10 anos cunha dificultade baixa,  outra marcha de 10 km de dificultade media para maoires de 10 anos, así como moitas sorpresas máis.

Ao remate, ás 20.00 horas, poderemos desfrutar da sesión de teatro familiar “A illa sen tesouro” de teatro Ghazafelhos. Tedes todo o regulamento na páxina web do concello.

Gustaríanos contar coa vosa axuda como voluntari@s para botar unha man no desenvolvemento desta actividade, asi que se estades interesad@s en participar enviadenos un correo e contaremos con vós.

Podedes inscribirvos para participar nesta actividade (indicando nome completo, idade, D.N.I, e número de tlf de contacto) ou coma voluntari@as (indicando no asunto “VOLUNTARIADO FESTA DA BICICLETA”) enviando un correo a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es

Descargar regulamento