Xa está aquí a Festa da Bicicleta.

Por terceiro ano consecutivo organizamos esta xornada co apoio e colaboración do @lynalfaclubciclistaponteareas que fai posible que a vila se encha de bicicletas por un día.

Ademais será un evento solidario no que colaboramos coa asociación Debra Piel de Mariposa.

Seguimos apostando polos hábitos saludables e que mellor maneira de pasar un día en familia enriba dunha bicicleta.

A Festa da Bicicleta terá varias modalidades de participación:

🚲 Percorrido de 8km pola vila – Dificultade media
🚲 Percorrido de 3km – Dificultade baixa
🚲 Circuito para os cativos e cativas onde terán zonas de axilidade, equilibrio e destreza.

Importante todos os participantes deben vir con CASCO, é os menores de 14 anos deben vir ACOMPAÑADO DUNHA PERSOA ADULTA para a realización de calquera das dúas rutas.

Ao rematar todos os participantes participarán nun sorteo de agasallos sorpresa.

+ Información

#MondarizBalneario #FestadaBicicleta