Obradorio de robótica creativa 2023

Non hai mellor modo de aprender que aprender xogando! O vindeiro 22 de setembro ás 19.00 hrs realizaremos un obradorio de robótica creativa  para a cativada de 6 a 12 anos na biblioteca. Esta é unha gran oportunidade para que a cativada constrúa os seus propios robots e utilice software para controlalos. Construír mecanismos e que funcionen como queremos non sempre é fácil. Con esta actividade ensinarémoslles aos participantes os procedementos correctos de resolución de problemas e desafiarémolos con problemas de enxeñería para desenvolver o seu potencial, tanto individual como en equipo.

Necesaria inscrición previa en mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es indicando nome completo, idade e teléfono de contacto. Actividade de balde,  pertencente ao programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Data

Set 22 2023
Finalizado!

Hora

19:00 - 20:00

Lugar

Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Balneario
Mondariz Balneario