Xornada sobre as modificacións da Lei de Patrimonio Cultural
O Concello de Mondariz Balneario organiza unha xornada informativa e de debate sobre as recentes modificacións da Lei 5/2025 de Patrimonio Cultural de Galicia 🏛️.
Desde as 16:45 h ata as 20:00 h, desenvolveranse conferencias e mesas de debate con especialistas en historia, arqueoloxía, arquitectura e representantes do Parlamento de Galicia.
💬 Un espazo para reflexionar sobre o impacto nos concellos galegos e responder ás preguntas do público.