Visitas Guiadas — Agosto 2026
Agosto énchese de cultura, patrimonio e natureza coas visitas guiadas de Mondariz Balneario 🏛️🚶🌿. Este verán podes escoller entre tres rutas pensadas para descubrir ou redescubrir os recunchos máis especiais da nosa vila. Todas parten da Fonte de Gándara ás 10:30 h. Non é preciso reserva, mínimo 5 persoas.
🏛️ Vila Termal por Excelencia
📅 7, 13, 20 e 27 de agosto
Percorre o corazón histórico de Mondariz Balneario, onde a arquitectura, a auga e a historia se funden nunha experiencia única 💧. Unha ruta de dificultade baixa, ideal para toda a familia, que axuda a comprender por que esta vila é recoñecida como un dos grandes referentes do termalismo galego.
🚶 Camiñando por San Pedro
📅 5, 12, 19 e 26 de agosto
Mergúllate na riqueza cultural e patrimonial do Barrio de San Pedro 🎭. Con dificultade media/baixa, esta ruta amosa os recantos con máis encanto e historia dun barrio que garda moitas historias por contar.
💧 Roteiro do Augüista
📅 1 e 29 de agosto
Conecta coa esencia máis profunda de Mondariz nun paseo polas dúas fontes que conforman a identidade e a alma da nosa vila 🌿. Un camiño saudable e cheo de significado onde a auga e o patrimonio son os grandes protagonistas.