Teatro “O neno Groba e a música”
Estamos moi ledos de informarvos que o vindeiro 22 de decembro representarase a obra “O neno Groba e a música” da Fundación Rogelio Groba, que nos conta a vida deste notable músico a través do teatro, obra dirixida e interpretada por Ramiro Neira. Esta actividade pertence ao programa Tornar ás táboas da Deputación de Pontevedra.
A actividade é de balde, e terá lugar ás 18.00 h na sala de cultura do concello.