Feminíssimas
🗓️ 8 de novembro de 2025
🕗 Ás 20:00 h
📍 Sala de Cultura, Mondariz-Balneario
🎟️ Entrada de balde
O ciclo +ESCÉNICAS tráenos a obra “Feminíssimas”, da man da compañía Ste Xeito Producións. Unha comedia irreverente, feminista e cargada de humor que convida a reflexionar sobre os estereotipos de xénero e a diversidade de voces dentro do feminismo actual.
Un espectáculo cheo de ironía, sátira e retranca que non deixará a ninguén indiferente.