Exposición de Pintura Entre Pinceles — Arcilia Pérez

📅 Data: Inauguración: 19 de setembro, ás 12:30 h · Visitas: do 19 de setembro ao 3 de outubro

O edificio do Concello de Mondariz Balneario acolle a exposición de pintura Entre Pinceles da artista Arcilia Pérez, veciña de Frades (Mondariz) 🎨✨. Unha mostra chea de cor, sensibilidade e talento que poderás visitar na 3ª planta do Concello. A inauguración contará coa presenza da autora. Horario de visita: luns a venres de 08:00 a 15:00 h, martes a venres polas tardes de 16:00 a 21:00 h e sábados de 09:00 a 14:00 h. 🖌️