Excursión para os nosos maiores a Lalín

📅 3 de decembro
📍 Punto de recollida: Casa do Concello | 🕘 09:00 h
💶 Prezo: 30 €
📌 Inscrición previa na Oficina de Turismo (de 9:00 a 14:00 h) ou no correo: turismo@mondarizbalneario.gal

Itinerario:

  • 09.00 h Saída dende o Concello

  • 11.00 h Visita ao Pazo de Anzuxao
    Fermoso pazo fundado no século XVI e reconstruído no XVIII. Alí elabóranse queixos de gran prestixio en Galicia, finalistas no Campionato Gourmet de Queixos, onde compiten os mellores de España.

  • 13.15 h Visita á Casa do Patrón
    Eco museo do rural galego cun percorrido pola historia, cultura e tradicións das nosas aldeas.

  • 14.30 h Xantar
    Especialidades en cocido e comida tradicional galega con produtos frescos do campo de altísima calidade.

  • 17.00 h Paseo / café en Lalín

  • 18.30 h Regreso ao Concello

  • 20.00 h Chegada aproximada ao Concello

 

ℹ️ O itinerario pode sufrir modificacións por cuestións organizativas ou meteorolóxicas.