Día da Ilustración 2025 – Homenaxe a Xosé Vizoso
Data: Venres 4 de abril de 2025
Hora: 19:00
Lugar: Sala de Cultura da Casa do Concello, Mondariz Balneario
Descrición: No Día da Ilustración 2025, rendirase homenaxe a Xosé Vizoso, autor e intelectual galego, cun evento organizado polo Concello de Mondariz Balneario. A actividade será un recoñecemento á súa figura e á súa contribución á cultura galega.
Organiza: Concello de Mondariz Balneario
Mondariz Balneario recibe case 500.000 euros do PERTE da Auga para dixitalizar toda a súa rede hídrica
Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 6.111,54€ coa finalidade de suministrar material deportivo para as instalacións deportivas, a suministración será de porterias, aros, xogos de redes, material deportivo para futbito, baloncesto e tenis asi como elementos para a práctica deportiva.
O Concello de Mondariz Balneario acaba de conseguir fondos do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas por valor de 17.242,50€ coa finalidade de suministrar o equipamento necesario para uso das instalacións deportivas. Con este fondos dotarase os espazos do equipamento na zona de vestiarios e baños asi nas zonas do xinmasio e almacén.
O Concello de Mondariz Balneario ao abeiro da liña 3 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra consigue fondos para a contratación de 5 peóns forestais, 1 peón recollida de lixo, 1 peón de oficios varios e 1 técnico/a de turismo. Os contratos serán formalizados durante este ano 2026. A inversión será de 77.194,26€ dos cales a Deputación de Pontevedra achega 61.785,44€
Próxima apertura do prazo de presentación de solicitude para praza na escola infantil municipal para o curso 2026-2027