Conferencias, Workshops e Visitas Guiadas en Mondariz Balneario

A Asociación  Europea de Cidades Termais (EHTTA), acollerá o vindeiro día Europeo do Patrimonio Termal na nósa vila, coa colaboración do concello de Mondariz Balneario, Augas de Mondariz, o Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Condado  Paradanta e o Balneario de Mondariz

Este evento anual terá lugar dende o 11 ao 15 de outubro na nósa vila. Un programa variado de conferencias, visitas e actividades paralelas para reflexionar sobre as paisaxes terapéuticas nas cidades e vilas termais, coincidindo co 150 aniversario da Declaración Pública da utilidade da auga mineral de Mondariz.

A ceremonia de apertura terá lugar o 11 de outubro, onde se analizará o desenvolvemento e perspectivas futuras de catro vilas termais, Mondariz-Balneario, Caldas da Rainha (Portugal), Spa (Bélxica) e Saratonga Springs (USA).

Deixámosvos o enlace ao formulario para a inscrición e á páxina da EHTTA para máis información

 

https://historicthermaltowns.eu/european-thermal-heritage-day/