O Concello de Mondariz-Balneario pon en marcha a Escola de Nadal 2025/2026, un programa dirixido a crianzas de 3 a 13 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.
📅 Datas:
-
Decembro 2025: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31
-
Xaneiro 2026: 2, 5 e 7
🕣 Horario: de 08:30 a 14:30 horas
📍 Lugar: Nas aulas do Concello de Mondariz-Balneario
👧🧒 Idades: de 3 a 13 anos
Para máis información e inscricións, é preciso consultar as bases publicadas polo Concello.
Actividade financiada a través do Plan Corresponsables, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Goberno de España – Ministerio de Igualdad.
As persoas aspirantes excluídas ou omitidas nas ditas relacións disporán dun prazo de sete (7) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución na sede electrónica, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos.
O prazo para aboar a taxa da Escola de Nadal é dende o 11 ata o 17 de decembro de 2025. As persoas admitidas deberán achegar o xustificante do ingreso ás oficinas do Concello ou ben presentalo pola sede electrónica.
