A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha un ano máis o programa “Depotermal”, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (coma balnearios, talasos ou spa). O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas a través da participación en actividades de cooperación social e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

https://www.depo.gal/-/depotermal

As persoas interesadas poderán solicitar a asistencia e a xestión das solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello.