O #EcoVenres de hoxe trata sobre unha tendencia cada vez máis extendida: a da reutilización de materiais.
Sabes cantas cousas das que utilizas cada día se fabrican a partir doutras que xa non servían? Afortunadamente, cada vez máis!
Aquí tes exemplos de obxectos que “pechan o círculo”, reducindo o lixo que producimos e evitando a sobreexplotación de certos recursos materiais primarios. Cando vaias mercar, fíxate na etiquetaxe: se siguen estes principios, podes levalos para casa e darlle unha segunda vida (ou máis… Recordas o R de “Reutilizar”?)