O Concello de Mondariz-Balneario o Troncoso festexará, cunha Xornada organizada en colaboración coa UNED de Pontevedra titulada “16 de novembro: Dia Internacional do Patrimonio Mundial. Unha celebración dende Mondariz-Balneario o Troncoso”, esta tan sinalada data. A esta actividade, e relacionadas tamén coa revalorización do Patrimonio, súmanse as desenvolvidas en colaboración co Colexio Público coa participación do alumnado, e o acto de recoñecemento, que tivo lugar o pasado sábado 11 de novembro, á Plataforma cívica SOS Xardíns Mondariz Balneario, que no ano 2014 se constituiu para loitar contra a actuación urbanística especulativa que se pretendera desenvolver nos ditos xardíns históricos.
Artigos recentes
- Conciliación en setembro
- SUBVENCIÓN DO INSTITUTO EXERXÉTICO DE GALICIA PARA A PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA DE ENTIDADES LOCAIS E COMUNIDADES ENERXÉTICAS- ANUALIDADE 2024.
- Subvención da Deputación de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero
- PROGRAMA +BENESTAR
- SUBVENCIÓN Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia