Por mor da riada acontecida o pasado 1 de xaneiro e que provocou múltiples danos, o Paseo

de Troncoso permanecerá pechado por seguridade. Tamén o estarán as pistas e o parque

infantil, para facilitar os traballos de limpeza e reparación.

 

O Concello púxose en contacto cos organismos sectoriais correspondentes en cumprimento

dos deberes de colaboración e cooperación coas distintas Administracións Públicas. Asi

mesmo, solicitará as axudas oportunas para reparar os danos ocasionados.