O Concello de Mondariz Balneario asinou un Convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para a optimización e mellora integral das instalacións deportivas municipais existentes na Avenida Enrique Peinador para uso de turismo deportivo sostible.

A Axencia de Turismo de Galicia realizará unha achega por importe máximo de 180.000,00 € con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 e 2025, de acordo coa seguinte distribución:

– Anualidade 2024 …………………… 18.089,50 €

– Anualidade 2025 ………………….. 161.910,50 €

 

O orzamento estimado das actuacións previstas é de 483.637,00 € (IVE incluído), co seguinte desagregamento:

 

CONCEPTO IMPORTE
1. Adecuación e melloras de espazos e instalacións deportivas 65.000,00 €
2. Adecuación e mellora de accesos e aparcamentos 52.000,00 €
3. Adecuación de vestiarios e outros espazos complementarios de apoio á actividade deportiva  

40.000,00 €

4. Mellora na eficiencia enerxética 100.000,00 €
5. Adecuación, adaptación e melloras das instalacións, sempre que o resultado implique unha mellora na consecución dos obxectivos de transición ecolóxica, dixitalización, igualdade e inclusión, accesibilidade e seguridade das instalacións  

 

95.000,00 €

6. Actuacións que desenvolvan e/ou melloren a dixitalización da actividade turístico-deportiva en todos os seus ámbitos de desenvolvemento  

15.000,00 €

 

TOTAL IMPORTE ACTUACIÓNS

 

367.000,00 €

21 % IVE 77.000,00 €
TOTAL IMPORTE ACTUACIÓNS IVE INCLUÍDO 444.070,00 €
Honorarios de redacción do proxecto (14.950,00 € + 21% IVE) 18.089,50 €
Honorarios de dirección de obra (14.950,00 € + 21% IVE) 18.089,50 €
Honorarios coordinación Seguridade e Saúde (2.800,00 € + 21% IVE) 3.388,00 €
Suma total honorarios 39.567,00 €
IMPORTE TOTAL EXECUCIÓN 483.637,00 €