Continuando coas campañas de formación e concienciación socialpromovidas por esta empresa pública, achegámoslles un pdf cos 7 tips identificados para gozar dun verán sostible. Facemos especial fincapé en manter limpa a contorna, continuar coa recollida selectiva de residuos para propiciar a súa reciclaxe, levar sempre unha bolsa reutilizable para as compras, protexerse do sol, hidratarse constantemente, priorizar o transporte público e loitar contra o desperdicio alimentario.
Nos concellos turísticos, a produción de lixo chega a triplicarse durante a época estival, de aí a necesidade de promover a prevención e a redución, a reutilización de produtos e, por suposto, a correcta separación dos mesmos, unha vez convertidos en residuos, para que poidan transformase en novas materias primas.