O vindeiro 23 de xuño ás 18.00 h teremos con nós na sala de cultura ao antropólogo, investigador e documentalista Rafael Quintía, coa conferencia “Festa de San Xoán: ritos, crenzas e tradicións. Actividade libre ate completar a cabida do espazo
Ás 19.00 sairemos a percorrer a vila na busca das herbas de San Xoán para identificalas e saber cales son as súas propiedades. É necesario facer a inscrición para asistir ao roteiro (actividade limitada a 30 prazas), indicando nome e apelidos e un teléfono de contacto das persoas participantes, en mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es . Terán preferencia as persoas empadroadas neste concello.
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra