O Concello de Mondariz Balneario recibiu unha subvención da dirección xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2024/25, polos seguintes importes:
- Unha axuda pola liña 1 por importe de 21.000,00 € para gastos de mantemento da escola infantil 0-3 desagregada da seguinte maneira:
Anualidade 2024: 7.636,36 €.
Anualidade 2025: 13.363,64 €.
- Unha axuda pola liña 2 por importe de 28.160,11 € para a gratuidade da atención educativa na escola infantil 0-3 desagregada da seguinte maneira:
De Setembro a Decembro do 2024: 10.240,04 €.
De Xaneiro a Xullo do 2025: 17.920,07 €.